A Concellaría de Turismo de Redondela anima a visitar o Museo Meirande

O Museo Meirande preséntase coma unha opción axeitada neste momento para o tempo de lecer. A Concellaría de Cultura e Turismo quere lembrar á veciñanza que dentro do municipio de Redondela cóntase con opcións, como a Aula de interpretación da Batalla de Rande, onde poder acceder á cultura e entretenimento cunhas condicións de seguridade e hixiene ideais neste momento de pandemia.

O Concelleiro de Cultura e Turismo, D. Daniel Boullosa Martínez, manifesta que “A pesar das restriccións de mobilidade que neste momento temos que cumplir no municipo de Redondela, todavía quedan espazos por descubrir que animamos a coñecer. Moi preto de nós dispoñemos de áreas coma o Museo Meirande, que poñen en valor tanto o patrimonio industrial que o rodea como o fito histórico da Batalla de Rande de 1702.”.

Dadas as normas sanitarias dictadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en relación ó acceso e aforo dos espazos culturais que reduce o seu aforo a 25 plazas, recoméndase porse en contacto co propio Museo (teléfono 986458891 ou meirande@redondela.gal) para organizar as asistencias e evitar deste xeito aglomeracións ou tempos de espera.

Tanto para as visitas como para reservar o horario do Museo Meirande é de Martes a Venres de 16:00 a 19:00 e de Sábado a Domingo de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e a entrada é de balde.

Ademais do Museo, a Concellaría de Cultura e Turismo recomenda coma opción viable nos tempos de confinamento, a visita ó aire libre da contorna onde se pode atopar pezas singulares do patrimonio industrial da Ría de Vigo coma o cargadoiro de mineral Coto Wagner o propio edificio do museo (Fábrica do Alemán); Algo máis alonxado pero igualmente interesante están os restos do Castelo de Rande e as Praias de Rande e Cabanas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM