A Concelleira de Igualdade do Porriño presentou a actividade contra as violencias sexuais co cine como ferramenta para a prevención

Publicado por o día 19/11/2019 na sección de Galicia,O Porriño

A Concelleira de Igualdade do Porriño presentou a actividade contra as violencias sexuais co cine como ferramenta para a prevención

Cami Moreira, a nova concelleira de Igualdade fixo a súa estrea nun acto público como membro do goberno municipal, presidindo a actividade formativa de prevención contra as violencias sexuais para estudantes de O Porriño. O acto celebrouse no Círculo Recreativo e Cultural.
Trátase dunha actividade concertada cos centros de ESO “Hermanos Quiroga”, “Ribeira do Louro”, “Pino Manso” e “Santo Tomás” promovida polo Concello de O Porriño a través da Concellería de Igualdade.

A nova concelleira de Igualdade agradeceu ós estudantes que participaron a súa asistencia e pediu ós mozos e mozas que “presten atención ós machismos e micromachismos que aparecen na sociedade de forma soterrada”. Cami Moreira insistiu ás chicas que “decir “non” é “non” e non debe incomodarlles” e que “reflexionen como queren establecer as súas relacións persoais”, manifestou a edil nacionalista do goberno municipal.

A sesión denominábase “Contra as Violencias Sexuais: Narrativas e Representación Audiovisual”. Prantexou o cine como ferramenta para a prevención e sensibilización contra a violencia de xénero nos centros educativos.

O dúo “Towanda Rebels” que forman as actrices Teresa Lozano e Zua Méndez protagonizou a sesión formativa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.