A Concellería de Benestar Social de Nigrán informa que Xunta de Galicia convoca a presentación económica de pago único por fillo/a menor a cargo

Publicado por o día 09/04/2019 na sección de Galicia,Nigrán

A Concellería de Benestar Social de Nigrán informa que Xunta de Galicia convoca a presentación económica de pago único por fillo/a menor a cargo

A Concellería de Benestar Social de Nigrán informa que Xunta de Galicia convoca a PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGO ÚNICO POR FILLO/A MENOR A CARGO ( 360€), co fin de paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos do neno/a, establecendo deducións da cota íntegra autonómica do IRPF.
 
Poderán ser beneficiarias todas aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillos/ as nados/ as entre o 2 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017 e que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2017, nin eles nin ningún membro da unidade familiar
 
A documentación que deberá acompañar á solicitude é: fotocopia do libro de familia completo, certificado do padrón da unidade familiar, certificado IBAN a nome do solicitante (pai, nai ou titor ) e outra documentación para casos excepcionais.
 
As solicitudes poderanse presentar no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán (planta baixa), antes do 24 de maio, previa cita no teléfono 986,365,000