A Concellería de Educación de Baiona oferta un taller gratuíto de lectura asistida con cans para nenos e nenas

Publicado por o día 02/04/2018 na sección de Baiona,Galicia

A Concellería de Educación de Baiona oferta un taller gratuíto de lectura asistida con cans para nenos e nenas

A Concellería de Educación do  Concello de Baiona oferta un taller gratuíto de lectura asistida con cans para nenos e nenas de entre 5 e 9 anos de idade que terá lugar o vindeiro sábado, día 7 de abril, de 11:30 h a 12:45 h.

O taller de lectura asistida con cans está dirixido a mellorar a súa comprensión lectora,  vocalización, atención, concentración, seguridade e autoestima.

Beatriz González Pérez, Concelleira de Educación, expón que supón “unha oportunidade única para que, a través dos nosos amigos de catro patas, os nenos e nenas compartan xuntos unha marabillosa e única experiencia de aprendizaxe”.

O obxectivo é que os nenos e nenas melloren as súas habilidades de comunicación, mellorar a súa comprensión lectora,  vocalización, atención, concentración, seguridade e autoestima. Así como, dar a coñecer este innovador método.

Requírese inscrición previa. Máis Información e inscricións na Omix, situada no segundo piso da Casa Consistorial ou no teléfono 986 385 925.