A concellería de xuventude do Concello de Gondomar dentro do programa de ocio para este verano pon en marcha os días 3, 4 e 5 de xullo unhas rutas de sendeirismo

Publicado por o día 19/06/2019 na sección de Galicia,Gondomar

A concellería de xuventude do Concello de Gondomar dentro do programa de ocio para este verano pon en marcha os días 3, 4 e 5 de xullo unhas rutas de sendeirismo

A concellería de Xuventude dirixida por Nuria Lameiro, proponvos para dar comezo o mes de xullo unhas rutas de sendeirismo. O 3 de xullo levarase a cabo a “Ruta das Ánimas” visitando a Ponte das Ánimas, antigo muíño e coñecendo o entorno da ribeira. O 4 de xullo, “Ruta do Río Miñor” en dirección a Mañufe coñeceremos a paisaxe da ribeira e o seu entorno; e o 5 de xullo “ Tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte” variante do camiño portugués que ven de Vilanova de Cerveira. Este tramo chega ao Concello de Gondomar a través da parroquia de Couso, na capela dos Remedios, pasaremos polo Pazo do Conde de Gondomar.

O Obradoiro de Emprego Valiemprego III será o encargado de guiar estas rutas para dar a coñecer o noso patrimonio natural , arqueolóxico e etnográfico. Esta actividade pode realizarse en familia, a partir dos 7 anos.

As rutas darán comezo as 10:00 da mañá, o punto de encontro e recollida será no parque da Coelleira. A recollida dos menores que veñan sen un adulto, a partir das 12.00h. Para participar nestas actividades tes que inscribirte presencialmente na OMIX do Concello de Gondomar ou chamar ao 986.369.746, ata completar aforo en cada unha de elas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.