A conduta irreflexiva dun transeúnte motivou o aviso telefónico desde Torrecedeira

Publicado por o día 05/11/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

A conduta irreflexiva dun transeúnte motivou o aviso telefónico desde Torrecedeira

A conduta irreflexiva dun transeúnte motivou o aviso telefónico á Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo o pasado sábado ás 13:50 horas.

O informante alertaba sobre o aludido, que transitaba polo centro da calzada sorteando os vehículos na zona de Conde de Torrecedeira.

Ao lugar dirixíronse os Axentes da Unidade SINTRA, localizando ao citado na rúa Coruña, procedendo á súa identificación, resultando ser F. L. S, de Vigo e 26 anos de idade.

O aludido estaba ebrio e presentaba un corte sanguento no beizo inferior, produto dunha caída segundo manifestou.

Nun primeiro momento mostrou unha total falta de colaboración cos Axentes negándose a facilitar dato algún sobre a súa identidade.

No momento da súa identificación, introduciu o puño pechado na súa roupa interior ocultando algún elemento, sendo convidado polos Actuantes a que o mostrase, negándose tajantemente.

Dada a súa actitude e ante as sospeitas de portar algunha substancia ilegal, sométeselle a un cacheo, a resultas do cal se lle ocupou unha bolsa plástica transparente con auto peche co logotipo dun folla de marihuana, composta por tres envoltorios plásticos que contiñan unha substancia polvorienta de cor branca, posiblemente cocaína, e outro envoltorio con logotipos dunha caveira dourada con substancia que semella ser MDA.

No calcetín dereito outro envoltorio plástico con substancia polvorienta de cor branca, posiblemente cocaína, e no xogo de chaves que portaba localizaron unha arma branca simulando ser unha das chaves do xogo.

Todo o anteriormente apuntado foi intervido polos axentes cursando as correspondentes denuncias administrativas.