A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu este mediodía ao alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, para abordar diferentes asuntos de interese para os habitantes desta localidade pontevedresa. En particular, valoraron a colaboración prestada por Medio Rural para o acondicionamento do antigo matadoiro municipal como secadoiro de xamóns.
Esta actuación foi obxecto dun convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Concello da Cañiza, o que supuxo un investimento por parte da Xunta de algo máis de 122.000 euros. A finalidade deste acordo era a de mellorar as infraestruturas de apoio á comercialización do xamón. O rexedor agradeceu este apoio da Consellería e anunciou a súa intención de seguir mellorando estas instalacións e o servizo que se presta aos veciños.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.