A Consellería de Educación recoñece 43 iniciativas de centros de formación profesional cos premios a proxectos de innovación

O obxectivo dos galardóns é impulsar iniciativas e proxectos innovadores na FP, ao tempo que se favorece a relación coas empresas da contorna
Por o 14/05/2019 | Sección: Educación,Formación,Xunta de Galicia
A Consellería de Educación recoñece 43 iniciativas de centros de formación profesional cos premios a proxectos de innovación

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional. A través dela recoñécese a calidade dun total de 43 proxectos de centros de ensino das 4 provincias galegas. A dotación económica total para estes premios ascendeu a 800.000 euros.

O obxectivo desta convocatoria é impulsar iniciativas e proxectos innovadores no ámbito da FP, ao tempo que se fomenta a colaboración con empresas e institucións do seu contorno e con outros centros educativos e se favorece o emprendemento e a aparición de novas iniciativas empresariais, especialmente aquelas que sexan susceptibles de pórse en marcha na Rede galega de viveiros de empresa.

Modalidade A

A convocatoria estrutúrase en dúas modalidades. A primeira delas está destinada a proxectos que teñan como obxectivo a xeración de innovación tecnolóxica ou científica, que redunden na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos. As iniciativas debían estar orientadas a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e o contorno produtivo, así como ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado e na súa empregabilidade, favorecendo a aparición de oportunidades laborais e iniciativas empresariais.

Nesta modalidade resultaron premiados os seguintes proxectos:

Modalidade B

No caso da segunda das modalidades, os proxectos debían ter como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais. Neste sentido, pedíase que estivesen orientados á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas, e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc. Ademais, eses materiais debían ser doadamente trasladables a outros centros educativos onde se impartan as ensinanzas para as que foron deseñados.

Nesta modalidade resultaron premiados os seguintes proxectos:

Comentar noticia

Your email address will not be published.