A Consellería de Infraestruturas e Vivenda convocou hoxe aos alcaldes da comarca da Coruña para abordar conxuntamente a situación en torno ao proxecto de prolongación da Vía Ártabra ata a AP-9.
Esta actuación proxectada pola Xunta de Galicia, consistente en conectar a AP-9 coa N-VI a través da Vía Ártabra, é unha obra fundamental para a mobilidade, a competitividade e, sobre todo, para a seguridade viaria da comarca da Coruña, na que se prevé un investimento autonómico de 35 millóns de euros.
O Goberno galego ten xa rematado o proxecto construtivo da actuación e se atopa en disposición de licitar as obras unha vez que dispoña da necesaria autorización do Ministerio de Fomento, como administración titular das dúas estradas afectadas, a N-VI e a AP-9.
Sen embargo, as alegacións formuladas por Audasa ao proxecto, e que a Xunta entende motivadas unicamente polo seu interese económico como concesionaria da AP-9, manteñen bloqueada a emisión da dita autorización.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, trasladoulles hoxe aos representantes dos concellos da Coruña, Abegondo, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, a convocatoria para unha xuntanza sobre este asunto a vindeira semana, nun día aínda por concretar.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.