A Consellería de Medio Ambiente subliña a aposta pola sustentabilidade do Grupo PSA na xestión da súa fábrica en Vigo

Ángeles Vázquez visitou as instalacións viguesas da empresa automobilística para coñecer de primeira man as melloras que está a desenvolver en materia ambiental
Por o 04/06/2019 | Sección: Galicia,Vigo,Xunta de Galicia
A Consellería de Medio Ambiente subliña a aposta pola sustentabilidade do Grupo PSA na xestión da súa fábrica en Vigo
Compartir en:

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, realizou esta mañá unha visita guiada polas instalacións de PSA Vigo durante a que puido coñecer de primeira man as actuacións que ten en marcha a planta co fin de reducir as emisións de CO2 e optimizar a xestión dos seus residuos.

Concretamente e coincidindo coa véspera da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, a conselleira fixo un percorrido polo taller de montaxe e as principais instalacións de xestión ambiental da factoría: a planta de Tratamento de Residuos e o espazo de formación para traballadores Dojo Medio Ambiente.

Neste sentido, Vázquez Mejuto subliñou o compromiso “coa sustentabilidade” demostrado nos últimos anos pola empresa francesa nas súas instalacións viguesas. Por iso, a responsable galega de Medio Ambiente comprometeuse a establecer novas canles de colaboración coa firma automobilística co fin de cooperar no incremento dos distintos estándares de calidade medioambiental da fábrica.

Comentar noticia

Your email address will not be published.