A Consellería de Sanidade despreza un ano máis aos profesionais sanitarios que ela mesma forma

Como cada ano, unha vez máis asistimos á nefasta xestión da Consellería de Sanidade co persoal especilista de enfermaría e medicina que a propia Consellería está a formar.
Por o 19/05/2018 | Sección: CC.OO,Sanidad,Sindicatos
A Consellería de Sanidade despreza un ano máis aos profesionais sanitarios que ela mesma forma

Un ano máis os especialistas en enfermaría e mediciña rematan as súas especailidades, e de novo asistimos a nefasta xestión da Consellería de Sanidade con este persoal.

Estes profesionais vense dobremente prexudicados polo recorte nos seus dereitos laborais e económicos ao que se engade a escasa preocupación polo seu futuro por parte das autoridades sanitarias (profesionais que eles mesmos están a formar).

Nun momento decisivo para a atención da cidadanía, como é o periodo estival, no que se produce un incremento da poboación por mor do turismo na nosa comunidade, o único que se lle ocurre ao SERGAS é pechar centros de saúde, quirófanos e camas. Ao mesmo tempo gran número dos profesionais que rematan os seus estudos de especialidade, venser abocados a traballar nas clínicas privadas, emigrar, ou ben engrosar as listas do INEM.

A Consellería de Sanidade inviste os cartos de todos os galegos e galegas en formar a estes profesionais, que finalmente prestarán os seus servizos noutras empresas, debido á nula planificación dos recursos por parte da Consellería.

Só uns poucos traballarán na sanidade pública, e novamente a decisión de quenes deles serán, queda en mans dos xefes de servizo ou da xerencia de turno, sen ningún tipo de trasparencia .

Excepto no caso do persoal de enfermaría e dos médicos de familia, o resto de especialidades médicas non teñen listas de contratación. A pesares de que o SERGAS prometeu unha solución, mediante a negociación do establecimento de listas de contratación para este persoal, esta comezou xa hai un ano, con só dúas xuntanzas e sen ningún interés real de pechar un acordo que regule a contratación destes profesionais e garantice a trasparencia e equidade na mesma.

Como ven dixo o decano de medicina no acto de despedida aos residentes. ” en la salida de la crisis lo estamos haciendo mal” que el hospital de Santiago está mortecino . A xerente do CHUS incluso chega a confirmar que sin non hai xente nova que se incorpore, no futuro so podemos agardar un deterioro.

CCOO exixe ao sergas que dunha vez faga un plan galego para o futuro da sanidade pública, que remate as negociacións que permitan aos profesionais acceder a un posto de traballo en condicións de igualdade, mérito e capacidade, e negocie a recuperación de dereitos arrebatados por mor da crise.