A Consellería do Mar analiza o xeito de optimizar a implantación da formación profesional dual no sector marítimo-pesqueiro

Publicado por o día 04/06/2019 na sección de Galicia,Mar,Vigo

A Consellería do Mar analiza o xeito de optimizar a implantación da formación profesional dual no sector marítimo-pesqueiro

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, participou hoxe na presentación do obradoiro A FP Dual no sector marítimo-pesqueiro, un encontro que serviu para analizar os problemas que poden xurdir na implantación desta modalidade educativa e identificar os principais retos que presenta no ámbito académico. O evento, que se enmarca nas xornadas de portas abertas que se celebran entre hoxe e mañá no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo, dependente da Consellería do Mar, serviu para realizar propostas co obxectivo de atallar os conflitos que poidan xurdir durante a posta en marcha deste modelo formativo e contribuír á súa mellora coa finalidade de aumentar a cualificación dos profesionais do futuro.

O encontro, no que tamén participou a subdirectora de Formación Profesional da Consellería de Educación, María Eugenia Pérez, permitiu o intercambio de experiencias entre os distintos axentes implicados no proceso de aprendizaxe práctica e na FP Dual -profesores, alumnos, representantes empresarias e sindicais- así como para analizar e identificar as boas prácticas docentes e as dificultades e retos da implantación desta nova modalidade académica no eido marítimo-pesqueiro. A xornada de portas abertas, que continuará mañá coa visita ás instalacións do instituto e ao barco Valentín Paz Andrade ademais de coa proxección dun capítulo do documental Planeta Azul II, abordou tamén a incorporación da muller ao sector pesqueiro e o xeito no que a formación profesional dual pode contribuír á igualdade de xénero na actividade extractiva.

Comentar noticia

Your email address will not be published.