A Consellería do Medio Rural e o Concello de Salvaterra de Miño colaboran para mobilizar terras neste municipio pontevedrés

Publicado por o día 02/09/2019 na sección de Agricultura e Gandería

A Consellería do Medio Rural e o Concello de Salvaterra de Miño colaboran para mobilizar terras neste municipio pontevedrés

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, reuniuse este mediodía coa alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, para avanzar en diferentes vías de colaboración para mobilizar terras agrarias neste concello pontevedrés. Trátase, fundamentalmente, de recuperar terreos co fin de destinalos ao cultivo do viñedo, tendo en conta a vocación vitivinícola deste municipio do Condado, e en xeral a calquera actividade agrícola.

Neste encontro de traballo, no que tamén participou o concelleiro Manuel Andrés Acuña, a rexedora interesouse ademais pola iniciativa das “aldeas modelo” que impulsa a Consellería do Medio Rural, con vistas á posible creación dalgún núcleo destas características no territorio municipal. Nas “aldeas modelo” a Xunta executa a limpeza nas franxas situadas preto das vivendas, co compromiso de crear actividade agrogandeira nelas, para que funcionen como devasa natural fronte á ameaza dos incendios.

Comentar noticia

Your email address will not be published.