A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,30 h de hoxe

Están extinguidos os lumes de Vila de Cruces (Pontevedra) e Guntín (Lugo)
Publicado por o día 08/05/2018 na sección de Sucesos

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,30 h de hoxe

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,30 h. de hoxe.

Extinguido Vila de Cruces

Quedou extinguido á 01,55 h. o lume de Vila de Cruces (Pontevedra) que comezaba onte ás 18,39 h. na parroquia de Toiriz e que, segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 30 hectáreas de monte arborado. Para extinguir este incendio mobilizáronse 8 axentes, 15 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 4 helicópteros.

Extinguido Guntín

Tamén está extinguido dende as 22,41 h. o incendio do concello lugués de Guntín, parroquia de Ferreira de Pallares. Este lume que comezaba onte ás 15,51 h. afectou unha superficie de 48,72 hectáreas, 12 de monte arborado e 36,72 de raso. Na súa extinción participaron 4 axentes, 10 brigadas, 5 motobombas e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.