A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h de hoxe

Activo un lume no concello lugués de Quiroga, parroquia da Enciñeira, que afecta provisionalmente unha superficie dunhas 20 hectáreas
Publicado por o día 28/07/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h de hoxe

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h. de hoxe.

Quiroga

Activo desde as 2,47 h. desta madrugada un lume no concello lugués de Quiroga, parroquia da Enciñeira, que afecta unhas 20 hectáreas de superficie, segundo as primeiras estimacións. Para o seu control lévanse mobilizado 2 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas e 1 pa.

Monterrei

Permanece estabilizado desde as 15,20 h. do domingo o lume rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz, tras comezar o pasado venres ás 17,05 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 720 hectáreas. Delas, 450 son forestais (400 rasas e 50 arboradas) e as restantes 270 ha son agrícolas. Para o seu control lévanse mobilizado 4 técnicos, 30 axentes, 74 brigadas, 34 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 12 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.