A contaminación mineira de Sta. Comba chega á Comisión Europea

Ecoloxistas en Acción insta á Comisión Europea a iniciar un plan de acción polas presuntas vulneracións do Grupo mineiro Santa Comba.

A eurodiputada Sira Rego trasladou á Comisión Europea as denuncias de Ecoloxistas en Acción polas verteduras de drenaxes ácedas do Grupo mineiro Sta. Comba en Varilongo.

A organización ecoloxista agarda avaliar que medidas propon a Comisión Europea co  fin de paralizar de forma inmediata as verteduras que se están producindo en Varilongo.

No mes de outubro Ecoloxistas en Acción denunciou que o denominado «Grupo Minero Santa Comba», unha explotación de volframio e estaño abandoada nos anos 1980, iniciara ol bombeo das plantas inundadas da mina verténdoas sen ningún tratamento e con altas concentracións de metais pesados aos cauces contiguos. Todo isto sen que o proxecto fora sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental pertinente, a pesar de que en informes e resolucións de 2009 a propia administración sinalaba que era necesario.

Outra das preguntas realizadas a Comisión foi qué grao de incumprimento continuado e sistemático considera aceptable a Comisión á vista da ineficacia dos mecanismos nacionais de vixilancia ambiental que poñen en evidencia a Recomendación 2001/331/CE e a Comunicación COM(2007)0707.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM