A cooperación entre médicos e enxeñeiros xenera a primeira tese doutoral sobre o risco de ruptura de aneurismas cerebrais

O neurocirurxián José Luis Thenier ven de presentar a súa investigación na que, grazas a utilización de ferramentas de enxeñaría, estableceu a relación entre determinadas alteracións do fluxo sanguíneo cun maior risco de ruptura de aneurisma
Publicado por o día 14/12/2020 na sección de Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

O especialista en Neurocirurxía, José Luis Thenier, ven de presentar a súa tese doutoral, cualificada con sobresaínte Cum laude, sobre a dinámica dos fluídos en aneurismas cerebrais.

A teses, codirixida pola neurocirurxiá do Álvaro Cunqueiro, Rosa Martinez, e o profesor de Enxeñaría dos Materiais, Mecánica aplicada e Construción da Universidade de Vigo, Antonio Rivero, é resultante da cooperación científica entre os especialistas do hospital coa Escola de Enxeñaría. Esa colaboración comezou a xestarse nos traballos de posta en marcha do Grao de Enxenaría Biomédica desa mesma Escola no que participa o Hospital Álvaro Cunqueiro.

Esta investigación, titulada “Análisis genético y hemodinámico del riesgo de ruptura de aneurismas intracraniales”, estuda as causas que poden incidir na ruptura dos aneurismas cerebrais (malformacións en forma de saco nas arterias cerebrais que poden romperse e sangrar causando un accidente cerebrovascular, Ictus).

Asi, xunto cos factores clínicos como a idade do paciente, sexo e patoloxías previas, se analizaron fundamentalmente, con diferentes modelos matemáticos, aqueles factores físicos dos vasos sanguíneos -xeometría, presións, etcétera- que puideran favorecer a súa ruptura e sangrado.

Técnicas de enxeñaría aeronáutica

Neste senso, a partir dos estudos radiolóxicos dos pacientes e aplicando o software da Escola de Enxeñaría, se crearon modelos tridimensionais e realizaron simulacións por ordenador para recrear o fluxo das súas arterias e aneurismas.

Durante os últimos 10 anos no CHUVI tratáronse 652 pacientes con aneurismas cerebrais. Destes, analizaron 96 casos, empregando estas ferramentas de enxeñaría usadas habitualmente en aeronáutica e na industria.

Así, se contemplaron 3 escenarios: a existencia de aneurismas múltiples nun mesmo paciente; os efectos da sincronía das pulsacións e os derivados do tratamento da hidrocefalia (complicación da ruptura dun aneurisma).

Cara a unha medicina predictiva

A través destas simulacións, conseguiron contrastar alteracións do patrón do fluxo en situacións específicas para cada grupo de pacientes. “Esta é a principal conclusión -afirma Thenier- confirmar que determinadas alteracións do fluxo, como as secundarias a tratamentos múltiples ou á asincronía do pulso, se relacionan cun maior risco de ruptura de aneurisma”.

Coñecer estas circunstancias específicas nos pacientes permite facer predicións e ofrecer un tratamento máis dirimido e personalizado para minimizar perigos inherentes aos tratamentos, que son complexos, e mellorar así os resultados desas terapias nos enfermos.

“A pesar de ser un estudo moi teórico e que demanda unha capacidade computacional moi alta para procesar cada caso, esperamos que nun futuro podamos realizar simulacións dos fluxos das arterias de todos os pacientes, tanto nas urxencias como nas consultas, e simular diversos tratamentos dun xeito individualizado e así mellorar a eficacia e reducir o risco do tratamento dos aneurismas cerebrais”

O doutor Thenier leva 3 anos anos realizando estes estudos, que xa están publicados en revistas de prestixio nesa especialidade, como World Neurosurgery, a revista oficial da Federación mundial de sociedades científicas de Neurocirurxía.

Comentar noticia

Your email address will not be published.