Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato por violencia machista. Javier Losada matou a súa exmuller, e máis a irmá e a nai dela.
Estas tres mulleres pagaron coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Sairemos novamente para rexeitar estes crueis asasinatos e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade.
É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista.
Non consentiremos que a violencia machista continue asasinándonos!
MÉRCORES 18 DE SETEMBRO ÁS 20:000 DIANTE DO MARCO.
MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.