A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública mostra a sua indignación por desconvocar a folga na atención primaria

Publicado por o día 09/04/2019 na sección de Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública,Sanidad,Social

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública mostra a sua indignación por desconvocar a folga na atención primaria

Estamos de broma ou toleamos todos: o Sergas admite todas as reivindicacións de Atención Primaria, segundo os convocantes da folga que comezaba mañá (os sindicatos maioritarios); mais a información de Praza Pública di que “Así, a Consellería acepta negociar as demandas dos impulsores da folga.”

Pero non estaban negociando xa? Por que desconvocas a folga se a Xunta fai o que xa está facendo, negociar?

A Xunta non se compromete a NADA, senón a manter as negociacións… e por contra, os sindicatos desconvocan a folga. Conclusión, agora vaise negociar sen a presión da mobilización; o terreo onde o PP móvese como peixe na auga.

Que conseguiron os traballadores/as? NADA, só abrir mesas de negociación.

Perdón, a Xunta si “cedeu” en algo: na constitución dun Consello Técnico de Atención Primaria, onde estarán os sindicatos, os seus representantes. Hai unha vella máxima na política, que di que se non queres facer algo, monta unha comisión.

Nesta comisión negociaranse as medidas “irrenunciables” que se formulaban como eixos da loita. Mais a realidade é que o único irrenunciable era a Comisión, onde os burócratas sacarán novas dietas a sumar aos seus salarios. As demais propostas eran, en realidade, “negociables”.

Se eran irrenunciables, porque demo pactan “negociar”? Se algo é “irrenunciable” é, por definción, innegociable… Salvo que toleemos todos e todas.

As burocracias sindicais -hai que comezar a falar claro- só consideran irrenunciables as súas necesidades de monta comisións para facer o paripé; as reivindicacións dos traballadores e traballadoras son todas “negociables” nesas comisións.

Por último, se tan claro teñen que “é unha victoria”, que leven a ratificación, e antes de desconvocar a folga, ás asembleas de traballadores/as, onde se abra o debate sobre o carácter “irrenunciable” das reivindicacións, e nelas se decida a desconvocatoria ou non da folga.