A Coordinadora Nacional de Anova elixe por unanimidade unha nova Comisión Permanente

Publicado por o día 22/12/2019 na sección de Anova,Galicia,Política

A Coordinadora Nacional de Anova elixe por unanimidade unha nova Comisión Permanente

Sobre a elección da Comisión Permanente, Oriana Méndez – que asumirá a responsabilidade de coordinación xunto con Raúl Asegurado –  recalcou que era unha “dirección executiva ampla, plural, que reforza a organización e nos prepara para os retos do futuro”. Recalcou a “presenza de mulleres referenciais” e de “referentes moi importantes” de Anova nos espazos locais de Unidade Popular con responsabilidades moi importantes.

Pola súa banda, Martiño Noriega – que asume a responsabilidade de relacións políticas – recalcou que a actual Comisión Permanente “vai traballar nunha liña determinada entendendo a necesidade cambio político no conxunto do país” e que para esa tarefa “a aportación de Anova é fundamental”.

Martiño Noriega apostou pola “construción de hexemonías, a construción de Unidade Popular e a interlocución que se poida dar no espazo da Unidade Popular e no espazo á esquerda do Partido Socialista” para “poder disputarlle o Goberno Galego ao Partido Popular”.

Por último, o reelixido Portavoz Nacional Antón Sánchez fixo referencia aos “colectivos locais e municipalistas” que nestes momentos “carecen dunha referencia a nivel nacional”. Nese sentido Antón Sánchez aposta por “traballar con eles para artellar esa alternativa republicana e galega”.

Antón Sánchez afirmou que a unidade é necesaria para “rematar cun goberno altamente nocivo para o pais e para a xente, letal  con políticas que están a facer un dano enorme ao pais”. Afirmou que o goberno de Alberto Núñez Feijóo “é incapaz de dar solucións para os sectores produtivos deste país, cunha crise industrial consecuencia da ausencia de políticas económicas propias”. Sen ese cambio de goberno estaremos “máis indefensos e con menos ferramentas para traballar para o futuro”, afirmou o Portavoz Nacional.

Esta é a composición da nova Comisión Permanente:

Portavoz Nacional – Antón Sánchez

Coordinación– Raúl Asegurado e Oriana Méndez

Relacións políticas – Martiño Noriega

Relacións internacionais – Xosé Manuel Beiras

Organización – Rafa do Pico

Finanzas – Gladys Afonso

Feminismo – Iria Otero

Movementos sociais – Xiana López e Cristina Amor

Formación – Branca Novoneyra

Relato – Antón Dobao

Comunicación interna – Carlos Nogueira

Cultura e Obradoiro de Ideas – Miguel Anxo Fernán-Vello e Sara Ribeiro

Mocidade – Sofia Mediero

Comentar noticia

Your email address will not be published.