A Coordinadora Nacional de Avante LGBT participou onte no día da patria galega

Publicado por o día 26/07/2019 na sección de Social

A Coordinadora Nacional de Avante LGBT participou onte no día da patria galega

Onte, 25 de xullo, o movemento LGBT+ galego asistiu ás mobilizacións convocadas con motivo do día nacional de Galiza na cidade de Santiago de Compostela. O colectivo Avante LGBT, que ten como liñas ideolóxicas o anticapitalismo, o feminismo e o galeguismo, levou comitiva propia na manifestación que saíu ás 12h da alameda, e fixo un chamamento a que todas as persoas LGBT+ con conciencia nacional asistisen á mesma portando as bandeiras do colectivo. Deste xeito, a comitiva percorreu as rúas de Santiago portando unha faixa na que se podía ler “Orgullosas e revoltosas”, mentres berraban consignas entre as que se escoitaron “Contra España, contra o capital, loita marica, loita nacional”, “aquí están, aquí se ven, transmaribibolleras galegas en pe”, e “Galiza que entende, Galiza ceive”. O movemento LGBT súmase así, xunto aos movementos ecoloxísta, estudantil e obreiro, ao resto do tecido asociativo do país na loita polos dereitos nacionais de Galiza.

Ao longo da tarde do xoves, despois da manifestación, Avante LGBT contou cun posto informativo e de venda de material na zona de asociacións do Festigal, no Campus Vida.

Comentar noticia

Your email address will not be published.