A Coral Casablanca actuará o 28 de xullo en Castrelos

Anunciouno este luns o alcalde, un concerto case que consolidado nas festas do verán vigués cun “éxito significativo” en anos pasados. A Coral Casablanca actuará o 28 de xullo ás 23 horas.
Por o 18/06/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
A Coral Casablanca actuará o 28 de xullo en Castrelos

Abel Caballero avanzou unha nova data para o programa estival que ultima o Concello de Vigo no Auditorio de Castrelos. A Coral Casablanca actuará ás 23 horas do 28 de xullo e súmase ao elenco de artistas confirmados para o emblemático auditorio vigués.

Así, segundo recordou o alcalde, Little Steven abrirá os concertos o 12 de xullo, seguido por Serrat o 21, Maná o 23, Dorian e Zoe o 27 de xullo e agora tamén a Coral Casablaca o 28 do nomeado mes. Xullo conclúe co espectáculo de Morat o día 31. Para agosto, o Concello ten pechada a presenza de Raphael o día 2 e de Juanes o día 8, ademais da actuación exclusiva para Vigo de cinco representantes de OT, Aitana, Ana Guerra, Cepeda, Miriam e Roi, o día 10 de agosto.

Para facer posibles estas e outras actividades en Castrelos, o goberno de Vigo ven de adxudicar provisionalmente a produción técnica de todos os espectáculos do “Vigo en festas 2018” no citado auditorio. Ao efecto, o Concello adica case 350.000 euros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.