A Corporación esixe medidas á Xunta en materia de vivenda en aluguer para os máis desfavorecidos

O grupo socialista presentou a moción, que demanda ao goberno autonómico a resolución “inmediata” das axudas ao alugueiro do Plan de Vivenda Estatal para persoas con escasos recursos, que achegue fondos propios ao mesmo para ampliar o número de beneficiarios e que convoque as axudas ao inicio de cada ano para evitar posibles desafiuzamentos.
Publicado por o día 26/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A Corporación esixe medidas á Xunta en materia de vivenda en aluguer para os máis desfavorecidos

O texto foi defendido pola concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, e apoiado polo grupo de goberno, coa abstención dos grupos mixto e do PP e a oposición do concelleiro non adscrito, Xabier Pérez Igrexas.

Así, a moción aprobada polo Pleno insta á Xunta de Galicia a adoptar medidas en materia de vivenda para os máis desfavorecidos, solicitando que resolva “de forma inmediata a concesión de axudas ao alugueiro do Plan Estatal de Vivenda do ano 2018, liña A, para persoas con escasos recursos”, ademais de propor ao goberno autonómico que achegue fondos propios ao nomeado Plan para que máis persoas se poidan beneficiar destas axudas.

Por último, a Corporación demanda da Xunta de Galicia a convocatoria das axudas do Plan de Vivenda “en prazo, ao principio de cada ano, para que as familias con escasos recursos non estean en risco de desafiuzamento”.

Na exposición de motivos, o texto indica que o Plan de Vivenda Estatal dotou de fondos ás comunidades autónomas para establecer liñas de axudas ao alugueiro para familias con escasos recursos e persoas menores de 35 anos. A Xunta convocou as subvencións en xuño do pasado ano e foron solicitadas por case que 12.000 persoas, que continúan agardando pola resolución da Xunta de Galicia.

Ademais, a convocatoria correspondente ao presente ano produciuse o once de setembro, segundo recolle a exposición dos motivos da moción, que tamén explica que a Xunta endureceu os criterios fixados na convocatoria anterior, rebaixando os indicadores económicos do IPREM, co que serán “menos aínda as persoas que poidan acceder a estas axudas”.

Canon de Eiras

Os socialistas sacaron adiante outra moción na sesión plenaria deste mércores, desta volta en materia económica, requirindo da Xunta de Galicia que “abandone a súa pretensión de recadar un canon de regularización na presa de Eiras desde 2014 ao Concello de Vigo por un servizo que non realiza”.

O acordo foi proposto e votado polo grupo do goberno de Vigo co apoio do concelleiro non adscrito, a abstención do grupo mixto e a negativa do Partido Popular. Na exposición de motivos anótase que a oposición da cidade ao pago responde principalmente a que “é o Concello, a través da empresa concesionaria que ten asumida a explotación, conservación, mantemento do encoro de Eiras, e non Augas de Galicia, o que exclúe o devengo do canon por inexistencia do feito impoñible”.

O concello SÍ ten competencia en Vivenda e Servizos Sociais!

#VigoO pasado día 19 de setembro tivo lugar unha concentración baixo o nome "O concello SÍ ten competencia en Vivenda e Servizos Sociais!" concentración organizada polo foro socioeducativo Os Niguéns, RSP e Distpoia.

Publicada por Noticias de Vigo en Jueves, 26 de septiembre de 2019

Comentar noticia

Your email address will not be published.