A Corporación Municipal celebrará este mércores o Pleno para aprobar o Orzamento 2021

O salón de plenos do Concello de Vigo acollerá este mércores (09:00 horas) unha sesión extraordinaria para aprobar os Orzamentos do ano 2021. O alcalde avanzou que se trata do presuposto máis importante da historia da cidade e que non haberá aumento de ningunha taxa municipal.
Publicado por o día 17/11/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A Corporación Municipal celebrará este mércores o Pleno para aprobar o Orzamento 2021

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este martes que mañá se celebrará o Pleno Municipal Extraordinario para aprobar o Orzamento de 2021. “É o presuposto máis importante da historia de Vigo para mobilizar a economía da cidade nun ano moi difícil”, sinalou.

A Corporación debaterá sobre unhas partidas de 264.011.037 millóns para 2021, 787.965 euros máis que en 2020, cando a cifra era de 263.223.072 euros. Tal e como lembrou o rexedor, as taxas e os impostos están conxelados, con rebaixas de tributos para as actividades máis afectadas pola crise sanitaria. Por tanto o resultante da presión fiscal é que o ano que vén en Vigo pagaranse menos impostos e taxas. A esta diminución hai que engadir outros dos millóns de euros que supuxeron as rebaixas na recollida do lixo, dos vados e no recibo de auga durante o período no que estiveron pechados comercios e negocios de hostalaría.

Nestes 264 millóns de euros, precisou Caballero, non están incluídas aínda as achegas da Deputación de Pontevedra, o que elevará “substancialmente” o orzamento de 2021 e, polo tanto, permitirá mobilizar unha “inxente cantidade de recursos” durante os próximos meses.

Así, aos 25,8 millóns de euros que recolle o documento orzamentario para investimentos o vindeiro ano, cómpre sumarlle os case 36 millóns de investimento de remanentes municipais, quedando pendentes as cifras de investimentos adicionais en Vigo doutras institucións así como os investimentos que xa ten en marcha o goberno municipal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.