A Corporación Municipal despide a Isaura Abelairas, nova deputada no Parlamento de Galicia

O alcalde agradeceulle o traballo “exemplar e magnífico” á concelleira do grupo municipal socialista na sesión extraordinaria do Pleno Municipal celebrada este venres para comunicar a súa renuncia á acta de concelleira
Publicado por o día 17/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A Corporación Municipal despide a Isaura Abelairas, nova deputada no Parlamento de Galicia

Durante a sesión, Abel Caballero desexoulle a quen foi edil en tódolos seus gobernos “éxitos na nova etapa política” que inicia como deputada no Parlamento Galego pola provincia de Pontevedra.

O alcalde agradeceulle o traballo “exemplar e magnífico” á concelleira do grupo municipal socialista na sesión extraordinaria do Pleno Municipal celebrada este venres para comunicar a súa renuncia á acta de concelleira

As concelleiras e concelleiros dos grupos municipais recoñeceron o labor desenvolvido por Isaura nos anos dedicados á cidade, o seu compromiso social e o afán na defensa do público. A nova deputada autonómica agradeceulle ao alcalde que contase con ela como concelleira de Vigo, aos compañeiros de Corporación e ao persoal municipal o seu traballo e instou ao Pleno a “facer política porque aquí é onde se resolven os problemas da cidadanía”.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.