Hoxe a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, reuníase co Alcalde da Pobra de Trives, Domingo Diéguez e posteriormente visitaron as obras de reforzo do firme da
Estrada OU-636 no tramo de Trives a Larouco.
Aproveitando esta visita, o alcalde pediu unha mellora íntegra desa estrada ou un acceso alternativo digo ao Barco de Valdeorras.
Tamén estivo cos técnicos apremando que se active definitivamente o desvío dunha curva próxima á Cabalar, obra que leva iniciada dende hao máis de 14 anos. Debemos destacar a contundencia coa que o alcalde quixo resaltarlle á delegada o abandono desta comarca en materia de infraestruturas, entre outras, e a imperiosa necesidade de que se adopten as medidas oportunas para solucionar o problema de comunicacións que estamos sufrindo na comarca.
Noticias de última hora en Vigo