A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, visita a sede da Asociación Galega de Persoas Afectadas de VIH

Publicado por o día 01/12/2020 na sección de Galicia,Universidade de Vigo,Vigo

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, visita a sede da Asociación Galega de Persoas Afectadas de VIH

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata a sede da Asociación Galega de Persoas Afectadas de VIH (Agavih) con motivo da celebración do Día Mundial de Loita contra a Sida.

Antes de participar no acto de concentración que tivo lugar na Porta do Sol, e ao que acudiu acompañada polo xerente do xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, a representante autonómica tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a situación das persoas que sofren esta afección crónica da man da presidenta de Agavih en Vigo, Cándida Álvarez Fernández.

Segundo informou, a Consellería de Sanidade vén mantendo no tempo, e de forma continuada, unha estreita colaboración coas entidades que desenvolven o seu labor neste eido. Así, nos últimos anos e a través das distintas ordes de subvencións se investiron preto de 1,3 millóns de euros en apoiar proxectos de asociacións sen ánimo de lucro; 121.200 euros no caso concreto de Agavih.

Comentar noticia

Your email address will not be published.