A demolición do antigo hotel Samil comezará nas próximas semanas e durará catro meses

A Xerencia de Urbanismo outorgará hoxe a licencia de demolición do antigo hotel Samil, traballos que se estenderán durante catro meses cun importe aproximado de 100.000 euros. Tal e como está previsto as obras de construción do novo complexo hoteleiro arrancarán nos primeiros meses de 2019 e se prolongarán dous anos.
Por o 19/11/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
A demolición do antigo hotel Samil comezará nas próximas semanas e durará catro meses
Compartir en:

O alcalde avanzou que a concelleira de Urbanismo asinará hoxe mesmo a licencia de demolición do hotel Samil e as súas instalacións anexas. Cun importe duns cen mil euros, os traballos -que afectarán a unha superficie de 10.600 m2 – durarán catro meses. Esta previsto que os promotores soliciten a licenza de construción durante o período de demolición polo que os traballos de construción do novo complexo poderían comezar nos primeiros meses de 2019 e prolongarse dous anos.

Attica 21 Hoteles SLU adquiriu o hotel por 3,2 millóns para convertelo nun novo establecemento de categoría 4 Estrellas Superior para o que prevé investir case 21 millóns. O novo hotel, que terá catro bloques dun máximo de catro alturas, terá 125 habitacións, piscina, spa, sala de convencións e 102 prazas de aparcamento.

Así sera o novo Hotel Samil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.