A demora media das consultas de atención primaria en Galicia é de 2,79 días, a metade que a media nacional

O 67% dos pacientes galegos que pediron unha cita en atención primaria afirman que foron atendidos o mesmo día ou no día seguinte, fronte ao 47% da media nacional
Publicado por o día 06/04/2019 na sección de Sanidad

A demora media das consultas de atención primaria en Galicia é de 2,79 días, a metade que a media nacional

A demora media das consultas de atención primaria en Galicia é de 2,79 días, mentres que a media de España sitúase en 4,77 días. Así se desprende dos datos correspondentes a 2018 do Barómetro sanitario, publicados polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. Ademais, as persoas que acudiron a un centro de atención primaria do Sergas manifestan, nun 88,1% dos casos, unha valoración moi positiva (boa o moi boa) na atención recibida.

A cidadanía galega valora a atención primaria da nosa comunidade con 7,47 puntos sobre 10 (7,31 no Sistema Nacional de Saúde), sendo especialmente apreciados a confianza e a seguridade que transmite o persoal médico (7,70) e enfermería (7,57).

No que se refire á satisfacción xeral co sistema sanitario público, a media de Galicia é de 6,43 sobre 10; e o 70,2% considera que o sistema sanitario funciona ben ou bastante ben (a media do SNS é do 68,3%).

Os datos do Barómetro tamén reflicten que a poboación de Galicia dalle un 7,60 sobre 10 aos coidados e a atención recibida polos médicos de atención primaria, e un 7,61 ao persoal de enfermería deste nivel asistencial. Tamén destaca a alta valoración que recibe o tempo que o médico de primaria lle dedica a cada enfermo, que acada unha puntuación de 7,32 sobre 10 (7,23 na media do conxunto do SNS). Un 7,49% valora o coñecemento do historial e o seguimento dos problemas de saúde de cada usuario. Mentres que as Urxencias dos centros de saúde de atención primaria reciben unha valoración de 6,61.

O 67% dos pacientes galegos que pediron unha cita en atención primaria afirman que foron atendidos o mesmo día ou no día seguinte, fronte ao 47% da media nacional.

Alta valoración tamén en atención hospitalaria

Os ingresos e a asistencia sanitaria en hospitais públicos do Sergas son valorados cunha puntuación de 6,95 sobre 10 (similar a da media nacional), destacando aspectos como os coidados e atención do persoal médico 7,96 (lixeiramente superior a da media nacional), do persoal de enfermería, que recibe 8 puntos sobre 10 (a media do SNS sitúase en 7,89) e o equipamento e medios tecnolóxicos. A valoración sobre a información recibida neste nivel asistencial tamén sube ata 7,59 puntos sobre 10.

Tamén é moi ben valorada pola poboación enquisada a información recibida sobre a evolución do problema de saúde por parte do persoal dos hospitais e un 23,20% considera que a hospitalización mellorou.

No que atinxe a atención recibida nas consultas do especialista da sanidade pública, o 82,10% considera que foi boa ou moi boa e un 6,89 sobre 10 valoran como moi positivo o tempo dedicado polo médico especialista.

Remarcar que preto do 89% dos pacientes de Galicia manifestan ter recibido unha boa o moi boa atención en hospitalización, segundo se desprende dos datos do Barómetro.

É destacable tamén, a boa valoración que a cidadanía galega lle da ao funcionamento das Urxencias do 061, que acadan 7,49 puntos sobre 10 (7,28 na media nacional). Polo que respecta ás Urxencias hospitalarias, a valoración é de 6,03 puntos e o 16,70% considera que estas melloraron.

Máis do 75% elixiría un centro público de atención primaria

Os datos do Barómetro tamén constatan que se a cidadanía galega enquisada puidese elixir entre un servizo sanitario público ou privado, na súa maioría optarían por centros públicos para seren atendidos nas distintas modalidades asistenciais, e o fan con porcentaxes significativamente superiores á media estatal do Sistema Nacional de Saúde. Así, o 75,2% elixirían un centro público de atención primaria, fronte a un 68,2% da media do SNS. No caso das consultas de especialista elixirían un centro público o 59,5% (a media do Estado e do 56%).

Polo que respecta aos ingresos hospitalarios, o 78,4% da cidadanía galega acudiría a un hospital público, fronte o 67% da media do SNS. No caso das urxencias, estas porcentaxes son do 76,1% en Galicia e do 64,4% no total nacional.

Comentar noticia

Your email address will not be published.