A Deputación abre as portas do Castelo de Soutomaior con motivo do XIX Certame e Exposición da Camelia

O evento, organizado polo concello de Soutomaior, celébrase esta fin de semana con máis de 40 expositores
Por o 22/03/2019 | Sección: Deputación de Pontevedra
A Deputación abre as portas do Castelo de Soutomaior con motivo do XIX Certame e Exposición da Camelia
Compartir en:

A Deputación de Pontevedra levará a cabo esta próxima fin de semana unha xornada de portas abertas no Castelo de Soutomaior co fin de colaborar co XIX Certame e Exposición da Camelia, organizado polo concello, e de acordo coa ordenanza reguladora do edificio histórico que prevé este tipo de accións cando se trata de actividades relacionadas coa posta en valor do mesmo, da camelia ou dos xardíns. O Castelo estará aberto ao público de xeito gratuíto de 10.00 a 19.00 h, tanto o sábado como o domingo, e respectando a capacidade de aforo do edificio histórico.

A cita cultural, que reunirá a máis de 40 expositores, contará con premios para a mellor flor, mellor composición artística e mellor traballo escolar. Recentemente, a institución provincial desenvolveu as visitas temáticas “A ruta da camelia”, guiadas por persoal do Castelo e que deron a coñecer os principais exemplares de camelia dos máis de 400 cos que conta o seu xardín, declarado de Excelencia Internacional.

Comentar noticia

Your email address will not be published.