A Deputación concede 27 subvencións para actividades de lingua a entidades da provincia

No sur da provincia son beneficiarias dez entidades viguesas, dúas en Redondela, dúas en Ponteareas e unha en A Guarda
Publicado por o día 05/01/2021 na sección de Deputación de Pontevedra

A Deputación concede 27 subvencións para actividades de lingua a entidades da provincia

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar 27 subvencións do Departamento de Lingua a entidades culturais da provincia de Pontevedra sen ánimo de lucro para a difusión e normalización do galego, quedando fóra das axudas cinco colectivos. A deputada responsable da área, María Ortega, subliñou que as axudas entregáronse a asociacións dunha ducia de concellos da provincia cunha partida inicial de 150.000 euros.

No sur da provincia son beneficiarias dez entidades en Vigo, dúas en Redondela, dúas en Ponteareas e unha en A Guarda. No municipio olívico a Asociaicón de Enfermos de Alzheimer recibiu unha achega para realizar unha creación literaria or parte de público infantil; a Asociación Feria do Leste para o 3º Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual; a Asociación Valadares recibiu dúas achegas para recoñecer a figura de Nazario González Moxenas e para difundir o teatro feito en galego; a Asociación Ponte nas Ondas para o 3º Certame ‘As imaxes no Patrimonio’; a Sociación Mulleres Pedra da Vella para a homenaxe a Carvalho Calero; a Federación Venezolana de Galicia para os obradoiros de fomento de lingua galega no comercio e na industria; a Fundación Carlos Casares para o catálogo e a exposición ‘O humor en Carlos Casares’; a Fundación para a Pesca e o Marisqueo para a creación do caderno de bitácora ‘Vigo Pesqueiro’; e a Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida para o seu festival.

No Concello de Redondela as entidades beneficiarias foron a Asociación de Empresarios de Redondela para a campaña ‘Tarxetas agasallo no Comercio local’, e a Asociación Cultural e Social de Chapela para promover o galego mediante a música entre diferentes idades. En Ponteareas recibiron subvención a Asociación de Maiores, para o obradoiro de habilidades instrumentais básicas en galego e a Asociación de Veciñanza Piñeiro Manso para roterios interpretativos sobre autores galegos. En A Guarda a Asociación Trasn Miño recibiu unha achega para dar a coñecer en galego actitudes e accións LGBIfóbicas.

Quedaron excluídos tres traballos  de A Estrada, Mondariz, Ponteareas, Pontevedra e Vigo por non cumprir coas bases ou por renunciar ao non poder levar adiante a actividade.

Para a concesión das subvencións, dende a Deputación valoráronse as accións de fomento da creación e difusión cultural en lingua galega (certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega), as actuacións en materia de sociolingüística e toponimia (estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia… ), o fomento do emprego do galego no comercio e na industria con xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega, ou os recoñecementos e distincións, en relación a actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego.