A Deputación de Pontevedra avanza na mellora do conxunto da rede de estradas provinciais dentro do seu obxectivo de garantir a accesibilidade e a seguridade viaria e peonil. Así, a institución provincial abordará, entre outras obras, a mellora da seguranza viaria na EP-2204 Sabarís-Belesar, no termo municipal de Baiona.
Estes traballos teñen por obxecto acondicionar o trazado da perigosa curva existente no punto quilométrico 3+300, ademais de habilitar unha cuneta transitable na súa marxe dereita, delimitando claramente a circulación do tráfico e cun deseño utilizable e practicable por vehículos e peóns en condicións de seguridade e comodidade. A Deputación acaba de sacar a licitación as obras cun orzamento de 91.928,30 euros e, máis polo miúdo, consistirán na ampliación do radio da curva a 88 metros e a execución dunha plataforma con dous carrís de 3,30 metros cada un, con beiravías dun metro en ambas marxes, ademais dunha cuneta transitable de formigón de 1,5 metros de ancho na marxe dereita e unha cuneta en terra de 1,5 metros na esquerda.
Ademais, realizarase a mellora da sinalización e reposición de servizos afectados no treito do proxecto e melloraranse instalacións como o drenaxe de pluviais en todo o ámbito de actuación. As empresas interesadas na licitación terán de prazo para presentar as súas propostas ata o 11 de setembro.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.