A Deputación de Pontevedra concede novas axudas ao Grove dentro do Plan Concellos 2019

Neste caso trátase de axudas da Liña 2 que permitirán contar con recursos para organización de actividades no marco da Festa do Marisco.
Publicado por o día 12/02/2019 na sección de Galicia,O Grove

A Deputación de Pontevedra concede novas axudas ao Grove dentro do Plan Concellos 2019

A Deputación de Pontevedra ven de aprobar novas axudas ao abeiro do Plan Concellos 2019 para O Grove. Neste caso trátase da Liña 2 do referido plan que pode destinarse a amortización, pagamento de débedas, gastos correntes e actividades e pola que o Concello do Grove solicitou, entre outras, unha axuda para a celebración do Simposio Internacional de Esculturas e para a Regata de Dornas, ambas actividades enmarcadas dentro da celebración da Festa do Marisco desta edición.

No primeiro caso a Deputación realizará unha aportación de 7.561,78 euros dun orzamento de total previsto de 10.000 euros, mentres que, para o segundo caso, a axuda chega aos 1.000 euros para un orzamento de 1.484,00 euros.