A Deputación de Pontevedra destina máis de 260.000 euros á reparación da cuberta e a fachada do auditorio do Centro Príncipe Felipe

O obxectivo desta actuación é mellorar a estanquidade e a eficiencia enerxética deste edificio, construído na década dos 70

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o expediente de contratación para adxudicar a execución da obra para reparar a cuberta e a fachada do auditorio do Centro Príncipe Felipe, cun orzamento de licitación de 264.815,30 euros.

Con esta actuación, o obxectivo da institución provincial é mellorar a estanquidade e a eficiencia enerxética do auditorio. Este é un edificio construído na década dos 70 que na actualidade presenta unha serie de patoloxías: tanto a cuberta coma a fachada contan cun illamento insuficiente e deixan pasar importantes filtracións de auga cara ao interior. Isto provoca problemas de humidades e filtracións que impiden acadar os niveis de habitabilidade e seguridade adecuados para desenvolver as actividades correspondentes no auditorio.

Deste xeito, a Deputación de Pontevedra poñerá en marcha as actuacións necesarias para mellorar estas instalacións. En concreto,  precísase emendar a entrada de auga pola cuberta e pola fachada mediante a substitución das fiestras, a execución dunha nova cuberta plana transitable, a renovación da impermeabilización da cuberta non transitable, a resolución das xuntas de encontro entre a cuberta e a fachada e a incorporación de illamento térmico na cuberta.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM