A Deputación destina preto de 1.200.000 Euros a sete vilas da provincia a través do plan concellos

A Deputación de Pontevedra vai financiar proxectos de acondicionamento, mellora e reforma de espazos, servizos e vías públicas en Covelo, A Estrada, Forcarei, Moraña, Soutomaior, Tui e Vilaboa
Publicado por o día 06/10/2018 na sección de Deputación de Pontevedra

A Deputación destina preto de 1.200.000 Euros a sete vilas da provincia a través do plan concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos investimentos nun total de sete municipios da provincia no marco da liña 1 do vixente Plan Concellos. Trátase de achegas por un total de 1.130.303,42 euros para as vilas de Covelo, A Estrada, Forcarei, Moraña, Soutomaior, Tui e Vilaboa.

Máis polo miúdo, para Covelo, o Goberno provincial aprobou unha achega de 121.019,29 euros para a mellora do entorno da igrexa San Bartolomeu da Lamosa. A través do Plan Concellos, Covelo ten este ano 775.333,46 euros á súa disposición, un 73,24% máis que no exercicio anterior.

No caso da Estrada, A Deputación deulle o visto bo a unha partida económica de 87.463,16 euros para financiar o arranxo de varias fontes públicas no rural. A través do vixente Plan Concellos, a institución provincial destina á Estrada un total de 2.708.685,18 euros, o que supón un 73,10% máis que en 2017.

Para Forcarei, o goberno de Carmela Silva aprobou unha achega de 510.000 euros para financiar a mellora de camiños nas parroquias de Dúas Igrexas, A Madalena, Meavía, Millerada, Aciveiro e Pereira. Este ano, a través do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra destina a Forcarei 953.228,35, case un 74% máis que no exercicio anterior.

Pola súa banda, a institución provincial autorizou un investimento de 129.996,21 euros para Moraña que serán destinados ao mantemento dos camiños municipais nos lugares de A Penagrande e O Casal (Laxe), San Martiño (Gargantáns), Sabadín (Saións) e A Igrexa (Lamas). A través do Plan Concellos, Moraña ten este ano 809.975,01 euros, un 74,11% máis que en 2017.

Para Soutomaior, o Goberno provincial aprobou unha partida económica de 114.175,82 euros para as pavimentacións en Arcade (nos Camiños Arcade de Arriba, Carballal, Devesa, Veigas do

Monte e Fonte Xesteira). A través do vixente Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra destina a Soutomaior 928.649,09 euros, o que supón un 74,16% máis que no exercicio anterior.

No que respecta a Tui, o goberno de Carmela Silva deulle o visto bo a un investimento de 90.000 euros para financiar a elaboración de cartografía six, ortofoto dixital e rede topográfica do concello. Este ano, a través do Plan Concellos, a institución provincial destina a Tui 1.769.637,16, un 76,35% máis que en 2017.

Finalmente para Vilaboa, a Deputación de Pontevedra autorizou un investimento de 77.648,94 euros que se destinarán ao reasfaltado de pistas municipais en Pousada, Curra e Ubeiras. A través do vixente Plan Concellos, Vilaboa ten destinados este ano 866.418,82 euros, o que supón case un 75% máis que no exercicio anterior.