A Deputación felicita ao campión do mundo de judo Nikoloz Sherazadishvili do club vigués Famu

O judoka, de orixe xeorxiana, pertence ao club vigués desde fai un ano e vén de facer historia ao colgarse o primeiro ouro masculino para o judo español
Publicado por o día 29/09/2018 na sección de Deportes,Deputación de Pontevedra

A Deputación felicita ao campión do mundo de judo Nikoloz Sherazadishvili do club vigués Famu

A Deputación de Pontevedra súmase ás felicitacións ao judoka Nikoloz Sherazadishvili, que vén de proclamarse campión do mundo de judo na categoría de menos de 90 quilos nos campionatos do mundo que se están a celebrar en Bakú (Acerbaixán). Sherazadishvili, de orixe xeorxiana e nacionalizado español, compite, desde fai un ano, polo club vigués Famu e ten ficha formalizada pola Federación Galega de Judo.

O novo campión do mundo ten 22 anos e comezou a practicar judo con 10. Tres anos despois, aos 13 anos, emigrou coa súa familia a España, onde seguiu practicando este deporte. Esta é a súa primeira tempada no club Famu de Vigo, aínda que continúa adestrando no seu lugar de orixe, en Brunete (Madrid). O próximo obxectivo de Sherazadishvili, tal e como xa ten manifestado, será converterse en campión olímpico nos próximos Xogos Olímpicos de Tokio.