A Deputación financia catro novas actuacións en Vilanova de Arousa coa liña 1 do Plan Concellos 2019

Con máis de 120.000 euros levarase a cabo obras de pavimentación, acondicionamento e mellora de distintos espazos, servizos e elementos públicos
Publicado por o día 29/03/2019 na sección de Deputación de Pontevedra

A Deputación financia catro novas actuacións en Vilanova de Arousa coa liña 1 do Plan Concellos 2019

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, catro novos investimentos para o concello de Vilanova de Arousa ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 120.110,29 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 48.162,92 euros para a pavimentación dos campos da festa de Baión e Caleiro; 17.965,31 euros para financiar a iluminación do parque Xulio Camba; outros 30.497,65 euros para o acondicionamento da capela e dun espazo de servizo para almacén no Pazo de Vista Real; e, por último, 23.484,41 euros para a conservación da estrutura metálica da pasarela de O Terrón.