Este martes 18 de decembro a Deputación de Pontevedra instalou nos xardíns da Xunqueira de Moaña a escultura realizada pola Escola de Cantería coma homenaxe ás vítimas e persoas asasinadas durante o franquismo, ao abeiro do convenio asinado o pasado mes de outubro entre a vila do Morrazo e a institución provincial.
A escultura, valorada en preto de 4.000 euros, está construída baseándose nun deseño do artista cangués Camilo Caamaño. En concreto, a obra, dun peso de 5.100 quilos, consiste nun prisma rectangular con dúas pombas na parte frontal e outras dúas nos laterais, simulando que van ao encontro das outras dúas. Ademais a escultura ten, tamén na parte frontal, un texto en memoria das vítimas.
A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra ensina desde 1979 a traballar a pedra e a estimular a vocación artística para o desenvolvemento da artesanía no sector da elaboración dos traballos en pedra. A súa principal finalidade é conservar e promover un dos oficios máis antigos e nobres de Galicia, o de cantería.
Noticias de última hora en Vigo