A Deputación organiza #SOCIALHACK, o primeiro hackathon en liña de innovación para o terceiro sector, que terá lugar os días 13 e 14 de febreiro

Este reto tecnolóxico forma parte das actividades de SmartPeme e consistirá nun certame no que os equipos participantes proporán solucións innovadoras que axuden a unha mellor xestión da colaboración entre a comunidade e as entidades sociais

Co obxectivo de continuar a impulsar a innovación e o talento da provincia, a Deputación de Pontevedra organiza para os vindeiros días 13 e 14 de febreiro #SocialHack, o primeiro Hackathon Online de Innovación Social para o Terceiro Sector. Este é o segundo reto tecnolóxico deste tipo que promove a institución, a través do programa SmartPeme, tralo celebrado no 2019, naquela ocasión relacionado co sector turístico. Neste caso, o Hackathon estará vinculado á dixitalización destas entidades sociais do Terceiro Sector, para o que o programa de asesoramento tecnolóxico SmartPeme abriu o pasado ano unha carteira de servizos específica, debido ao seu papel e relevancia para a provincia.

Nesta nova edición do Hackathon, que repartirá 3.500 euros en premios, o reto para os equipos participantes, que estarán formados por grupos multidisciplinares de entre 3 e 5 persoas, consistirá no desenvolvemento de solucións innovadoras que axuden a unha mellor xestión da colaboración entre a comunidade e as entidades do Terceiro Sector da provincia, así como a mellora e maior eficiencia na captación de persoas asociadas e fondos por parte destas entidades.

Debido á pandemia, o evento será integramente online, e comezará o 12 de febreiro cun acto de presentación, que será retransmitido por streaming, mentres que os días 13 e 14 os equipos traballarán a través de ferramentas de videochamada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas. As inscricións para #SocialHack poden realizarse na páxina web de SmartPeme (smartpeme.depo.gal) e o reto está aberto a persoas de todo o territorio nacional, estudantes ou profesionais de áreas como desenvolvemento de apps, deseño gráfico, Terceiro Sector ou área de negocio. Unha vez que estea pechada esta convocatoria de inscrición, formaranse os grupos, que traballarán xuntos vía online durante o citado fin de semana no desenvolvemento das solucións tecnolóxicas.

Os equipos terán o apoio de persoal experto en tecnoloxía e desenvolvemento de apps (contarase coa colaboración de Minube como provedor tecnolóxico), para resolver posibles dúbidas durante os dous días do Hackathon. Todas as propostas terán que ser inclusivas, vinculadas á provincia de Pontevedra e deberán fomentar a igualdade. Despois destes dous días de intenso traballo, o xurado valorará la busca de ideas creativas, o grao de desenvolvemento e deseño, a orixinalidade, a dificultade técnica, a usabilidade e a presentación final. Haberá un primeiro premio de 2.000 euros, un segundo de 1.000 e un terceiro premio de 500 euros. Finalmente, o día 18 de febreiro terá lugar, tamén en formato online, o acto de clausura desta actividade, xunto coa entrega de premios.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM