A Deputación pecha 2020 con máis de 9,5 millóns de euros investidos na mellora da mobilidade e seguridade viaria das estradas provinciais

Máis de 3,2 millóns de euros correspóndense co acordo marco de obras de conservación de firmes das vías provinciais e preto de 1,2 millóns de euros co Plan Móvese de mobilidade e velocidade segura
Publicado por o día 30/12/2020 na sección de Deputación de Pontevedra

Ao longo do 2020 a Deputación de Pontevedra investiu máis de 9,5 millóns de euros na mellora da mobilidade e seguridade viaria de estradas da provincia. Desde xeito, o deputado provincial Gregorio Agís vén de visitar algunhas das actuacións desenvolvidas durante este ano, que están a transformar as estradas provinciais e adaptando o espazo público ao século XXI no marco do modelo de mobilidade do Goberno provincial.

Do conxunto de investimentos realizados ao longo do 2020 na rede provincial de estradas, máis de 3,2 millóns de euros correspóndense co acordo marco de obras de conservación de firmes das vías provinciais, concretamente en estradas de 52 concellos da provincia entre os que se atopan Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Pontecaldelas, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Amais, preto de 1,2 millóns de € correspóndense co Plan Móvese de mobilidade e velocidade segura que está a impulsar a posta en marcha de elementos de redución de velocidade nas vías provinciais.

Xunto aos 4,4 millóns de euros investidos a través do Plan Móvese e do acordo marco de conservación de firmes das vías provinciais, a Deputación de Pontevedra destinou neste 2020 máis de 5,5 millóns de euros para actuacións concretas de acondicionamento, seguridade viaria, reestruturación do espazo público, reposición de firme, reparación de beirarrúas e mobilidade peonil en 16 concellos da provincia entre os que se atopan Agolada, Arbo, Baiona, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Crecente, Covelo, O Grove, A Lama, Moaña, Ponteareas, Pontevedra, Rodeiro, O Rosal, Silleda e Tomiño.

Neste marco inclúense actuacións como a reposición de firme e mellora da seguridade viaria na EP 5003 A Cañiza- Arbo, á que se destinaron máis de 776.000 €; o ensanche e mellora da seguridade viaria na EP 0307 Peso –Caroi, onde se investiron preto de 750.000 €; ou a mellora da mobilidade peonil e reforzo de firme na EP 2703 Pazos -Ponteareas, que contou cun investimento de máis de 580.000 €. Tamén outras actuacións como a mellora da mobilidade peonil na EP 6518 entre Silleda e Ponte que contou cun orzamento de preto de 450.000 €; a desenvolvida no núcleo da Chan en Cerdedo-Cotobade que ascendeu a máis de 440.000 €, a reposición de firme na EP 6302 entre Berredo e Brantega en Agolada na que se investiron máis de 345.000 €, os máis de 305.000 € que se achegaron á mellora da mobilidade peonil na EP 4004 de acceso á Igrexa de Guláns en Ponteareas, os preto de 230.000 € que se destinaron á seguridade viaria e senda peonil na EP 5105 Maceira-A Graña en Covelo ou os máis de 210.000 investidos na rotonda da EP 9101 no Grove. Xunto a estas iniciativas, actuouse tamén ao longo deste 2020 na rúa Silleda da Cañiza, na seguridade viaria na EP 3101 Tebra-Cristelos en Tomiño, na EP 2204 entre Sabarís e Belesar, na mellora da mobilidade peonil na EP 3302 no Rosal, na construción dun muro e estabilización da EP 0018 entre Xeve e Espedregueira en Pontevedra, en obras de emerxencia na EP 5005 ao seu paso polo núcleo de Crecente, na reposición de firme na EP 6204 entre Portela e Antes de Ulla en Rodeiro, na reordenación de espazos na EP 5005 A Cañiza-Pousa e na reparación de beirarrúas na EP 1102 entre Meira e Fraga en Moaña.

Comentar noticia

Your email address will not be published.