A Deputación presentou o libro ‘A conversa expansiva’ con poemas da sétima edición do obradoiro de tradución poética de San Simón

O acto foi hoxe no Arquivo provincial da man de Xosé Mª Álvarez Caccamo e Yolanda Castaño
Publicado por o día 24/09/2019 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Redondela

A Deputación presentou o libro ‘A conversa expansiva’ con poemas da sétima edición do obradoiro de tradución poética de San Simón

A Deputación de Pontevedra presentou este mércores 25 de setembro o libro ‘A conversa expansiva’, unha compilación dos poemas da sétima edición do Obradoiro de Tradución Poética de San Simón que foi editado polo Servizo de Publicacións provincial na colección Cíes. O acto, que se desenvolveu no Arquivo provincial ás oito da tarde, contou coa presenza da deputada Patrimonio Documental e Bibliográfico María Ortega, a coordinadora dos obradoiros ‘Con barqueira e remador’ Yolanda Castaño, e o coordinador do exemplar Xosé Mª Álvarez Cáccamo, e incluiu un breve recital poético e unha actuación musical a cargo do grupo Oradaladou.

‘A conversa expansiva’ permite un achegamento directo á produción de autores cunha ampla significación nos seus países de orixe: o iraquí Abdul Hadi Sadoun, a portuguesa Rosa Alice Branco, a vasca Miren Agur Meabe, o indio Subhro Bandopadhyay, o alemán Timo Berger, e o galego Xosé Mª Álvarez Caccamo, encargado de traducir ao galego a selección textual dos cinco restantes.

No volumen recóllese unha grande diversidade no tocante a xeracións, xénero, estilo e rexistros. En concreto, reúnense 36 poemas escollidos do traballo froito da VII Edición do Obradoiro Internacional de Tradución Poética que tivo lugar na Illa de San Simón do 1 ao 6 de outubro do 2018 nas súas linguas orixinais e nas versión galegas das mesmas.

Comparten espazo na publicación, así pois, idiomas cun número de falantes tanto superior ao galego (caso do bengalí, o árabe, o alemán ou o portugués) coma inferior (caso do éuscaro), mais todas cunha notable tradición literaria de plena e puxante riqueza, nunha mostra de convivencia entre linguas, dende a diferenza pero sempre a prol do vizoso intercambio e da comunicación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.