A Deputación Provincial de Pontevedra informa da posta en marcha do proxecto DEPOVERDE dentro do programa Empleaverde

Publicado por o día 18/05/2018 na sección de Deputación de Pontevedra

A Deputación Provincial de Pontevedra informa da posta en marcha do proxecto DEPOVERDE dentro do programa Empleaverde

O Programa Empleaverde do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente é a iniciativa da Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación 2014-2020.

O proxecto DEPOVERDE ten como obxectivo xeral impulsar as producións hortofrutícolas e apícolas de calidade en espazos protexidos e mellorar a empregabilidade das e dos habitantes das zonas Rede Natura da provincia de Pontevedra e da Comunidade Autónoma de Andalucía.

Estes espazos albergan non só un patrimonio natural senón que, ademais, asociado á súa poboación residente, recollen un conxunto de valores culturais e tradicionais que son igualmente demandados polas e polos consumidores dos diferentes produtos e servizos xerados nestas zonas.

O proxecto consta das seguintes accións:

  1. Hortofruticultura sustentable – formación presencial (30 horas)
  2. Apicultura sustentable – formación presencial (30 horas)
  3. Hortofruticultura sustentable – formación a distancia (50 horas)
  4. Apicultura sustentable – formación a distancia (50 horas)

As accións, destinadas a persoas desempregadas, están encamiñadas á formación do alumnado en materia de hortofruticultura e produción apícola sustentable, sumando valor engadido á actividade agroalimentaria e fomentando o emprego neste tipo de agricultura sustentable co ambiente.

TODAS AS ACCIÓNS SON GRATUÍTAS.

Para máis información habilítanse os seguintes datos de contacto:

Contacto: [email protected]

Teléfono: 886 210 725