A Deputación Provincial de Pontevedra informa do comezo no concello da Estrada dun curso de turismo rural

Por o 11/06/2018 | Sección: Deputación de Pontevedra
A Deputación Provincial de Pontevedra informa do comezo no concello da Estrada dun curso de turismo rural

A Deputación Provincial de Pontevedra informa do comezo no concello da Estrada dun curso de turismo rural sustentable en modalidade de formación mixta, de 50 horas, das cales 10 son de formación presencial e 40 a distancia.

O curso comezará o 18 de xuño e finalizará o 17 de agosto. As 10 horas presenciais levaranse a cabo na Estrada, no Museo do Moble e da Madeira (MOME), os días 3 e 4 de xullo en horario de 16 a 21 horas. A formación a distancia impartirase a través dunha plataforma e-learning.

O curso é totalmente gratuíto e vai dirixido a profesionais do sector turístico ou persoas interesadas en mellorar o seu desempeño en sustentabilidade.

Estas accións están enmarcadas dentro do proxecto “PROTURA“, cofinanciado polo programa “Empleaverde” do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. Este programa é unha iniciativa da Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente, e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo “Emprego, Formación e Educación 2014-2020”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.