A Deputación remata a mellora da Ponte do Río Verduxo en A Lama

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez subliña que a actuación superou os 37.000 euros e incluíu tamén a reforma do aparcamento das inmediacións.
Por o 10/07/2018 | Sección: Deputación de Pontevedra,Galicia,Pontevedra
A Deputación remata a mellora da Ponte do Río Verduxo en A Lama

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vén de finalizar as obras de acondicionamento da ponte do río Verduxo  e da explanada de aparcamento anexa no concello de A Lama. O deputado Uxío Benítez manifestou que os traballos tiveron un orzamento superior aos 37.000 euros e supoñen dignificar unha construción moi utilizada polos usuarios da praia fluvial, que agora no verán é moi concorrida, e que cruzan a pé dun lado a outro da área recreativa.

Benítez explica que a solicitude de mellora fora unha das peticións do alcalde Jorge Canda ao departamento provincial e que, recentemente, aceptou a transferencia da construción ao Concello logo da súa mellora por parte da Deputación. Así, a Deputación fíxose cargo da obra e promoveu unha actuación que implicaba a la limpeza da ponte -que presentaba moita vexetación-, e da pavimentación da parte superior, que serve de paso peonil entre ambas ribeiras do Verduxo e que estaba deteriorado polo paso dos anos. En canto ao aparcamento, a intención era dar solución aos problemas de acumulación de auga; renovar a pavimentación e regular o estacionamento con nova sinalización horizontal e vertical para evitar o descontrol de vehículos que, sobre todo no verán, dificultaban o acceso aos residentes.

Deste xeito, nas últimas semanas, operarios da empresa ‘Construcciones EC Casas’ realizaron traballos de limpeza mecánica da vexetación, realizaron as canalizacións necesarias para instalar novos sumidoiros e taxeas, limparon as existentes, e executaron un novo pozo de rexistro. Posteriormente fixéronse traballos de fresado na superficie da ponte e na explanada e afirmáronse as terras e a ponte para logo dispoñer a pavimentación, con lousas de granito silvestre no viaduto e asfalto na zona de aparcamento. Por último, dispúxose a sinalización horizontal para ordenar o espazo de estacionamento e de circulación e tamén sinalización vertical limitando as zonas de parada.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.