A Deputación súmase á celebración do Día Mundial contra o Cancro hoxe luns tinguirá de verde o edificio do Pazo provincial

Este ano a celebración céntrase na necesidade que teñen as e os pacientes oncolóxicos e as súas familias de recibir atención psicolóxica durante todas as fases da enfermidade
Por o 04/02/2019 | Sección: Deputación de Pontevedra
A Deputación súmase á celebración do Día Mundial contra o Cancro hoxe luns tinguirá de verde o edificio do Pazo provincial
Compartir en:

A Deputación de Pontevedra quere unirse neste 2019 á celebración do Día Mundial contra o Cancro, que terá lugar hoxe luns 4 de febreiro. Por este motivo, o Pazo provincial, trala solicitude da Asociación Española Contra o Cancro, iluminarase desde a noite de hoxe e ata primeira hora do martes de verde, a cor que simboliza esta enfermidade.

Para a Deputación de Pontevedra este tipo de accións é un paso máis para visibilizar enfermidades como o cancro e apoiar entidades que están a traballar para lograr unha maior cohesión social e mellorar a calidade de vida da cidadanía. Deste xeito, o Goberno de Carmela Silva quere sumarse ás iniciativas que desde a Asociación Española Contra o Cancro están a desenvolver tanto para impulsar que as persoas con cancro e as súas familias reciban atención psicolóxica de calidade durante todas as fases da enfermidade, como para concienciar á sociedade sobre o impacto emocional que deriva dun diagnóstico de cancro.

O Día Mundial Contra o Cancro foi establecido no ano 2000 pola Organización Mundial da Saúde, o Centro de Investigación sobre o Cancro e a Unión Internacional contra o Cancro para fomentar e fortalecer todas as medidas destinadas á redución da presenza do cancro no mundo. Segundo estes organismos o cancro non é soamente un problema de saúde, xa que ten altas implicacións sociais, económicas e de desenvolvemento. Por ese motivo este ano, como novidade, lánzase a campaña mundial trianual “I am and I will” que se estenderá entre o 2019 e o 2021 para conseguir un maior impacto e concienciación social.

Comentar noticia

Your email address will not be published.