‘A derradeira leición do mestre’, de Castelao chegou a cidade da cultura

Publicado por o día 02/10/2018 na sección de Cultura

‘A derradeira leición do mestre’, de Castelao chegou a cidade da cultura

A derradeira leición do mestre —obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, considerada o ‘Guernica galego’— chegou a tarde de onte ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura desde o Centro Galicia de Buenos Aires. O óleo, de máis de 2 metros de altura, viaxou desde Arxentina a Madrid en avión na pasada fin de semana e foi trasladado por estrada ata o Gaiás, onde chegou escoltado por axentes da Policía Autonómica. O traslado levouse a cabo coas maiores condicións de seguridade e baixo os estándares profesionais máis rigorosos.

A derradeira leición do mestre exhibirase por primeira vez en Galicia na Cidade da Cultura, como peza central de Castelao maxistral, exposición organizada pola Consellería de Cultura e Turismo que se inaugura este venres 5 de outubro e que rende homenaxe ao papel que xogaron na construción do ensino público os mestres e mestras das tres primeiras décadas do século pasado (1900-1936).

Llega del cuadro de Alfonso Rodriguez Castelao a la ciudad de la cultura
01/10/18