Fai corenta anos, en 1977, as escolas de Enfermería españolas integráronse nas Universidades e a titulación de Enfermería pasou a ser a de Diplomado Universitario en Enfermería (DUE). Estes profesionais convertíanse polos seus estudos universitarios en Enfermeiras/vos. Atrás quedaba a denominación de ATS (Axudantes Técnicos Sanitarios) Pero a pesar da insistencia e de advertilo en múltiples ocasións a denominación ATS resistíase a desparecer da linguaxe administrativa e da rúa.
Despois, tras ser diplomados universitarios, chegou o Grao universitario en Enfermería, momento no que debería desaparecer definitivamente os termos anteriores de ATS e DUE. Pero a realidade é que a persar de advertilo e denunciado publicamente, seguímonos atopando con estes termos obsoletos. Tamén é certo, que contribúe que sexa a propia Administración Sanitaria a que siga utilizándoos na súa linguaxe ou documentos, a pesar de recibir múltiples escritos advertíndolles do cambio.
Agora alégranos ver que a EOXI de Pontevedra comprendeu que a declaración de Bolonia, desde o ano 2009, unificou ao ensino universitario de Enfermería no mesmo nivel académico, pasando do título universitario de Diplomado a Graduado Universitario.
A Dirección recoñece que como consecuencia dese cambio, na actualidade conviven varias titulacións que engloban ao profesional que exerce a Enfermería.
Agora recibimos contestación ás nosas reclamacións nesta EOXI e desde a Dirección de Procesos Asistenciais de Enfermería respóndennos que “suxerimos substituír vos termosATS, DUE, e ATS/DUE simplemente polos de Enfermeiro e Enfermeira, considerando éstes máis axeitados, máis inclusivos e máis axustados á realidade actual dá nosa profesión, sentir compartido tamén por outras institucións vinculadas á Enfermería”.
Ademais, de comprometerse a utilizalo no seu día a día, animaron ao seu uso tamén na súa linguaxe máis institucional, e nos documentos oficiais.
Noticias de última hora en Vigo