A Dirección de Zona Franca lembra á Xunta que as competencias de educación están transferidas ao Goberno Galego

Publicado por o día 17/10/2018 na sección de Galicia,Vigo

A Dirección de Zona Franca lembra á Xunta que as competencias de educación están transferidas ao Goberno Galego

Ante o debate xerado para a realización do campus de FP, a dirección da Zona Franca considera que é a Xunta de Galicia quen ten que elaborar un plan de estudos para a área de Vigo que aposte pola Formación Profesional e que dea resposta ás necesidades industriais desta área. Como é sabido, as competencias de Educación, e por tanto da FP, están transferidas polo Estado ás Comunidades Autónomas.

Este desacordo sobre os investimentos para realizar por un ou outro organismo débese a que durante un tempo, o Partido Popular creu que a Zona Franca era o seu casarío particular e usou o diñeiro xerado pola economía de Vigo para facer fronte a obrigacións e competencias claramente tipificadas como competencias do Goberno Galego. A dirección de Zona Franca insiste en que o diñeiro desta institución “non está para suplir o diñeiro que a Xunta non inviste na área de Vigo”.

Sobre os acordos adoptados para levar adiante un convenio entre o Consorcio e a Xunta para sufragar o edificio no que se quería albergar un centro de FP en Vigo, desde o Consorcio lémbrase que o Comité Executivo do 30 de maio deste ano, autorizou á entón delegada a realizar negociacións para formalizar o devandito convenio pero que, revisada toda a documentación, hase visto que formalmente ese trámite nunca se chegou a realizar, quizais porque a anterior delegada xa nesa data era coñecedora de que o ministerio de Facenda (naqueles momentos dependente dun goberno do PP) non aceptaría dita proposta. Da mesma forma que ocorreu coa Auditoria de Contas do ano 2017 na que se chamou a atención ao Consorcio sobre o convenio realizado entre a Xunta e esta institución sobre a entrega dos terreos da ETEA á Universidade de Vigo, indicando ao Consorcio que tiña que levar a perdas a maior parte dos bens valorados nesa operación.