A nova directora de Procesos de Soporte da EOXI de Vigo, a doutora Susana Cerqueiro, acaba de incorporarse ao seu novo posto tras o seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia (DOG) . A doutora Cerqueiro ocupaba ata agora a Dirección de Procesos con Ingreso na EOXI de Santiago.
Santiaguesa de nacemento, licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e cursou posteriormente másters en Dirección Sanitaria e Dirección e Xestión de Servizos Sanitarios, Urxencias, e Valoración do Dano Corporal: a deficiencia, a incapacidade e a minusvalía.
Facultativa de Admisión e Documentación Clínica, a doutora Susana Cerqueiro exerceu distintos postos como médico avaliador do INSS, inspectora médico do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia, así como diferentes cargos directivos en institucións dependentes do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade.
No Sergas foi subdirectora operativa no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago durante 8 anos, directora médica no Hospital do Salnés, subdirectora xeral na Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, e directora de Procesos con Ingreso na EOXI de Santiago desde marzo de 2017.
Noticias de última hora en Vigo