A doutora Thais Pousada cítase coa mocidade para aprender máis alá dos exames

Por o 06/03/2019 | Sección: Galicia,Ponteareas
A doutora Thais Pousada cítase coa mocidade para aprender máis alá dos exames

A concelleira Ensino e Participación Cidadá, Cristina Fernández, convida a toda a mocidade a tomar un café coa doutora en ciencias da saúde, a ponteareá Thais Pousada, e falar de como aprender máis alá dos exames.

Para que os coñecementos sexan moito máis que un trámite para superar etapas educativas, Thais Pousada en colaboración coa concellería pretende espertar a curiosidade pola aprendizaxe e polos coñecementos que ao longo da nosa vida profesional e persoal serán de grande utilidade.

A cita será no Teatrovar ás 12 horas dete sábado 9 de marzo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.